Mergúllate na saúde trátase dun blog creado para usarse como recurso de hixiene e saúde. Nel haberá actividades, noticias, vídeos... todos eles relacionados coa Educación Infantil. Esperamos que vos guste.
lunes, 21 de noviembre de 2011
¡Aprendemos a reciclar!
Con este Gloster pretendo facer un mural sobre a reciclaxe, nel inclúo fotos de murais feitos por cativos e os principais contenedores empregados na reciclaxe para que os nenos os recoñezan e saiban para que se emprega cada un deles.
Dende o meu punto de vista é moi importante inculcarlle a reciclaxe dende as primeiras idades xa que é un bo exemplo para mellorar a saúde medioambiental. Reciclando axudamos a ter un mundo máis limpo.
CICLO: 2º ciclo de Educación Infantil
BLOQUE DE CONTIDOS: Achegamento á natureza.
ÁREA: Coñecemento do contorno
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:Dar mostras de interesarse polo medio natural e os seus cambios. Identificar e nomear algúns dos seus compoñentes,establecendo relacións sinxelas de interdependencia. Manifestar actitudes de coidado e respecto cara á natureza e participar en actividades para conservala.
INDICADORES ESPECÍFICOS: É respetuoso/-a co medio no que vive. Amósase sensible cara á conservación e mantemento de ambientes limpos e non contaminados. Adopta actitudes críticas ante prácticas que entorpecen a conservación e o coidado do medio (vertido de ríos, corta de árbores...)
AUTOR: Alba Salgueiro Fernández
ELABORACIÓN: imaxes de google, e elaboración propia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario