viernes, 23 de septiembre de 2011

Pónte sano

Sen dúbida, unha das formas para que os nenos estén sanos é inculcarlle hábitos saudables que eles mesmos poden aplicar autonomamente. O video que aparece a continiuación é unha mera aplicación do anterior. O video está dedicado especialmente ás enfermidades respiratorias que afectan a algúns nenos e nenas.
Estes hábitos están explicados dunha maneira sinxela e chamativa para captar unha maior atención no neno.


CICLO: 2º ciclo de Educación Infantil
ÁREA DE COÑECEMENTO: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
BLOQUE DE CONTIDOS: O coidado persoal.
CRITERIOS: Manifestar hábitos de saúde, alimentación, hixiene corporal e benestar utilizando adecuadamente espazos e materiais,Identificar situacións de risco e actuar coherentemente ante elas.
INDICADORES: Coida e asea as diferentes partes do corpo con axuda dunha persoa adulta, desprázase de forma autónoma, advertindo os perigos e amosando actitudes prudentes, recoñece as necesidades básicas do corpo, identifica situacións perigosas e evítaas
FONTE DE DOCUMENTACIÓN: o vídeo foi extraído de youtube.

Almudena Vázquez Seara

jueves, 22 de septiembre de 2011

Doctor Muelitas



Esta é a miña primeira entrada no blog e para estrealo decidín publicar un vídeo sobre a hixiene bucodental. É moi importante concienciar aos máis pequenos a importancia que ten cepillar os dentes e non abusar dos azucres xa que son prexudiciais para a nosa saúde. Nel pódese ver a un gracioso coello explicar porqué é importante ter os dentes limpos e como se debe facer para sacar o maior partido posible ao cepillado dos mesmos.
Penso que é un bo recurso para mostrar aos nenos, xa que está animado mediante debuxos. Deste xeito será máis entretido e captará a atención dos cativos con máis facilidade.

CICLO: 2º ciclo de Educación Infantil
ÁREA DE COÑECEMENTO: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
BLOQUE DE CONTIDOS: O coidado persoal.
CRITERIOS: Manifestar hábitos de saúde, alimentación, hixiene corporal e benestar utilizando adecuadamente espazos e materiais.
INDICADORES: Coida e asea as diferentes partes do corpo con axuda dunha persoa adulta, coida e asea as diferentes partes do corpo baixo a supervisión dunha persoa adulta, identifica as necesidades dos hábitos de hixiene diario, emprega axeitadamente o lavabo.
FONTE DE DOCUMENTACIÓN: o vídeo foi extraído de youtube, e o texto elaborado por min.

Alba Salgueiro Fernández.

Por qué é tan importante lavarse?


Con este video, podemos ensinarlle aos nenos, porque é tan importante estar limpos a hora de facer algo, por exemplo a hora de comer, como lle ocurre neste video a hello kitty.

Ciclo Educación Infantil: 2º ciclo
Aréa de coñecemento: Coñecemnto de si mesmo e autonomía personal
Bloque de contidos: O coidado persoal
Criterios de evaluación: Manifestar hábitos de saúde, alimentación,hixiene corporal e benestar utilizando adecuadamente espazos e materiais.
Indicadores:
• Identifica as necesidades dos hábitos de hixiene
diario.
• É autónomo/a no coidado de si mesmo/a.
• Aséase cando se sente sucio/a.
• Emprega axeitadamente o lavabo.
• Usa axeitadamente o xabón.
• Mostra desgusto ou malestar cando está sucio/a
ou desaliñado/a.
• Ten interese por manter una aspecto limpo e
aseado/a.

Fonte de documentación: www.youtube.com
Nome e Apelidos: Erea Seoane Villasante

miércoles, 21 de septiembre de 2011

Unha actividade diferente

A miña proposta consiste na elaboración de unha pequena unidade didáctica que tería a duración de unha semana e consistiría en que a través dun xogo os nenos aprendan a importancia de ter unha hixiene adecuada.
O Nome da proposta e: Hixiene; aprender xogando.
A unidade dividiremola en dous bloques; a hixiene corporal e por outro lado a hixiene bucal dedicandolle a cada unha delas duas sesións.
Na primeira das sesións preguntaremoslle os nenos por que pensan que  a hixiene é importante e que métodos de higiene que utilizan eles e a segunda das sesións será o docente o que lle explique a importancia dunha hixiene adecuada e de diferentes métodos para que nos resulte como un xogo divertido.



Ciclo: 2ºciclo de Educación infantil
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal
Bloque de contenidos: O coidado persoal
Criterios de avaliación: manifestar hábitos de hixiene corporal e benestar empregando adecuadamente os espazos e materiais
Indicadores:
• Identifica as necesidades dos hábitos de hixiene
diario.
• Aséase cando se sente sucio/a.
• Usa axeitadamente o xabón.
• Mostra desgusto ou malestar cando está sucio/a
ou desaliñado/a.
• Ten interese por manter una aspecto limpo e
aseado/a.

Fonte de documentación: elaboración personal
Nome e apelidos: Esther Rodríguez Fernández

Aprender a bañarnos correctamente.

Facer unha demostración (cunha boneca)  e discusión do procedemento de como bañarse,  por exemplo, en que orde debemos lavar as partes do corpo e practicar os nomes das partes do corpo ao mesmo tempo.  O cabelo, a cara, detrás das orellas, o pescozo, os ombreiros, a espalda, brazos e debaixo dos  brazos, as pernas, os pés, o traseiro e as áreas xenitais empregando  os nomes correctos para eles.

Se é posible pódese facer unha demostración cunha boneca, un envase con auga (ou o fregadeiro na cociña), una toalla de baño e xabón. Os nenos poden practicar estes pasos bañando á boneca.

Ciclo de infantil: 2º
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
Bloque de contidos: O coidado persoal.
Criterio de evaluación: Manifestar hábitos de saúde, alimentación, hixiene corporal e benestar utilizando adecuadamente espazos e materiais.
Indicadores:Coida e asea as diferentes partes do corpo con axuda dunha persoa adulta.
Fuente:www.primeraescuela.com.

José Delfín Rodríguez Riveiro.