Estes hábitos están explicados dunha maneira sinxela e chamativa para captar unha maior atención no neno.
ÁREA DE COÑECEMENTO: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
BLOQUE DE CONTIDOS: O coidado persoal.
CRITERIOS: Manifestar hábitos de saúde, alimentación, hixiene corporal e benestar utilizando adecuadamente espazos e materiais,Identificar situacións de risco e actuar coherentemente ante elas.
INDICADORES: Coida e asea as diferentes partes do corpo con axuda dunha persoa adulta, desprázase de forma autónoma, advertindo os perigos e amosando actitudes prudentes, recoñece as necesidades básicas do corpo, identifica situacións perigosas e evítaas
FONTE DE DOCUMENTACIÓN: o vídeo foi extraído de youtube.
Almudena Vázquez Seara
Que importante é a prevención. Estamos acostumados a só facer algo cando xa é demasiado tarde e estamos enfermos. Debemos de loitar contra iso e promover unha conducta saludable nos nenos promocionando o comer saludable, facer deporte (non está mencionado no vídeo) e estar atentos a posible contaxios.
ResponderEliminarUn saúdo
David Bobillo Añel
Paréceme unha actividade de gran interese, xa que os nenos/as pequenos/as máis que ninguén están expostos a unha gran cantidade de virus, xa que sempre collen todo o que encontran coas mans, andan polo chao a miudo e polo tanto sobre todo o tema de limpar as mans varias veces ó día, non morder as unllas e outras moitas formas de contaxio que se nomean no vídeo deberían de educarse desde nenos para que aprenderan a prevenilas.
ResponderEliminarGustoume moito o vídeo, pareceme axeitado para poñerlle aos máis pequenos, xa que é sinxelo e doado de entender. Estou de acordo co meu compañeiro David, que quizais no vídeo falte algunha referencia ao do deporte. Pero aínda así penso que está moi ben,levar unha boa alimentación, lavar as mans, saber como temos que facer cando esbirramos... xa que ás veces non se toman todas esta medidas, e penso que son importantes para previr enfermidades.
ResponderEliminarParéceme un vídeo estupendo xa que cunha mensaxe sinxela mostra a importancia de que levando uns habitos saludables pódense previr numerosas enfermidades.
ResponderEliminarSheila Fernández Pérez
Un video sen dúbida moi apropiado e acorde para nenos/as de infantil xa que transmite como xa dixo David, a importancia de previr para evitar así posibles infeccións e enfermidades. Ter coñecemento de qué facer nestas situacións axuda aos nenos a tomar conciencia da imporatancia do coidado persoal e a hixiene e esto é algo que se debe fomentar non só dende a escola senón tamén na casa por parte dos pais e nais.
ResponderEliminar