viernes, 7 de octubre de 2011

Motivar para facer deporte

Como hai rapaces ós que non lle gusta facer deporte, hai que buscar formas de motivalos, que podían ser:

En primer lugar, hai que falar cos nenos do bo que é facer deporte e dos beneficios que vai traer sobre a súa saúde en anos posteriores.

Non se lles pode presentar o deporte como unha obligación nin coma unha carga, se non que ten que ser algo divertido para eles.

O mellor para que prectiquen deporte, é propoñerlles actividades nas que ademáis de axudarlle a manterse en forma, sexan divertidas para eles. O mellor, é que estas actividades sexan ó aire libre, xa que así pode participar un maior número de nenos/as e pódense facer máis actividades como o xogo da corda ou o pilla-pilla, onde nun espazo cerrado serían máis difíciles de realizar.

Estas actividades teñen que ser apropiadas a edade do neno que vai participar, e téñenlle que propiciar a oportunidade de manterse activos.

Unha forma para que os nenos participen, é que tamé participen os adultos, xa qu os nenos toman a estes como un referente.

En conclusión, a práctica deportiva tenselle que presentar ós nenos como algo divertido, onde poidan xogar e pasalo ben cos seus compañeiros.

José Delfín Rodríguez Riveiro

Ciclo: 1º e 2º ciclo.
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
Bloque de contidos:O coidado persoal.
Criterios:Coordinar e controlar o seu corpo, as súas posibilidades motrices e adaptalo ás características dos obxectos, á acción e á vida cotiá.
Indicadores:Controla o corpo en movemento, adaptando a
resposta motriz ás dimensións e elementos do espazo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario