lunes, 10 de octubre de 2011

E ti... que pensas?

O deporte é unha actividade que, na actualidade, está deixada de lado. Os nenos xa non adican tempo a xogar nin a correr, pois as consolas, a televisión e outras actividades sendentarias, que non son menos importantes pero que se abusamos da realización das últimas creamos nenos e nenas pouco saudables.
Na aula, os e as profesoras deberían ser os primeiros en motivar aos nenos a que fagan deporte, pero antes de eso deberíamos saber que o que pensan acerca deste tema. Aquí vos presento un traballo chegado desde Bos Aires no que trata deste tema, pregunta a rapaces que pensan do xogo e tamén a profesores e a pais.

Nos poderiamos facer o mesmo na aula pero a menor escala:

  • que debuxen nunha cartolina que o pensan acerca do deporte e do xogo.
  • que traian unha foto de eles xogando ou facendo algún deporte.
  • ou simplemente facer un coloquio na aula para saber o que pensan puidéndoos grabar para logo ensinalo en clases posteriores.
Esta última proposta foi a escollida por unha radio moi coñecida que ademais de facerlle preguntas de actulidade a nenos e nenas, fíxolle esta pregunta sobre a Champions
http://ondemand.cope.ondemand.flumotion.com/cope/ondemand/cadena100/podcast/podcast2/ac_20110504.mp3

Así, sabendo que é o que eles pensan sabemos dende onde temos que partir para explicarlles a eles todo o relacionado con este tema.

Ciclo: 2º ciclo.
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
Bloque de contidos: Xogo e movemento.
Fuentes: el audio:http://www.cadena100.es/podcasts/podcastcole/index.php?id=370, el trabajo:http://www.efdeportes.com/efd92/jugamos.htm

Almudena Vázquez Seara

No hay comentarios:

Publicar un comentario