sábado, 8 de octubre de 2011

O Deporte e as Tic´s

Nesta semana os membros do grupo decidimos dedicarnos todos ao mesmo tema: o deporte. Eu centrareime no deporte e as novas tecnoloxías e pretendo complementar as entradas dos meus compañeiros.
A miña proposta consiste en realizar unhas sesións na aula coa Wii para practicar deporte dunha maneira lúdica e dinámica. Empregar a Wii na aula é un xeito de achegar aos nenos as novas tecnoloxías, neste caso á consola, dunha forma educativa potenciando o uso da consola para realizar deporte non só para entreterse como se fai na maioría das ocasións.
Este recurso vai dirixido especialmente aos docentes de Infantil para que o leven á práctica nas súas aulas. Consiste en traer unha Wii a aula e os xogos Just Dance Kids, Wii Fit Nickelodeon e Wii Sports. Nos dous primeiros xogos consistiría en bailar: o Fit Nickelodeon emprega personaxes da televisión coñecidos polos cativos, polo que facer exercicio seralle máis divertido ao ver a estes personaxes na pantalla. O Wii Sports é un xogo que inclúe tenis, fútbol, baloncesto e billar. Este último xogo é para nenos de 5 anos mellor, xa que é algo máis complexo que os outros.
Poñeriamos os xogos e a toda a aula diante dun proxector para que visen o que fan os protagonistas e eles terían que bailar do mesmo xeito que os personaxes do videoxogo. No caso do Wii sport pediriamos aos nenos que tivesen mandos de Wii que os trouxesen para ter algúns máis así a clase será máis dinámica e por pequenos grupos iriamos xogando aos diferentes xogos para practicar e saber como se xoga. En todo momento os nenos se estarán movendo e aprendendo diversos deportes dun xeito diferente. Deixo aquí as imaxes das cáratulas dos xogos:




Deste xeito faremos ver que as consolas tamén poden ser un recurso educativo. Penso que é conveniente achegar aos nenos as Tic xa que cada vez empréganse máis na sociedade e deben estar familiarizados con elas.
ÁREA DE COÑECEMENTO: Coñecemento de sí mesmo e autonomía persoal.
BLOQUE DE CONTIDOS: O corpo
CRITERIOS:
- Participar en xogos e actividades colectivas aceptando as normas que os rexen.
INDICADORES:
- Intégrase en xogos de grupo.
- Acepta as regras dos xogos.
- Mantense participando nun mesmo xogo un tempo importante.
FONTE DE DOCUMENTACIÓN: elaboración propia e as imaxes foron extraídas de google imagenes.

Alba Salgueiro Fernández.

1 comentario:

  1. Gústame moito este post, xa que como vimos o ano pasado, as novas teclonoxías axudarán a que os máis pequenos poidan comezar a desenrolarse. O deporte é fundamental dende as primeiras idades e debemos afastar aos cativos dunha vida sedentaria. O emprego de diferentes consolas para realizar deporte paréceme interesante, pois os cativos traballarán o seu propio corpo dunha maneira máis dinámica e divertida.

    ResponderEliminar