lunes, 10 de octubre de 2011

Os beneficios do deporte

Nesta entrada tratarei, dentro do tema de deporte, como explicarlle aos nenos de educación infantil, os beneficios que se poden obter ao facer deporte.
Isto podriase facer a través dun conto, con persoaxes cos que os nenos estén familiarizados, así entenderán moito mellor o que lle queremos transmitir con este conto, cada mestre podería inventalo, e nel trataríanse os distintos beneficios do deporte os cales son:
 Fortalece os músculos e  os osos.
• Prevén a obesidade
• Prevén o risco de enfermidades tales como a diabetes
• Pode correxir posibles defectos físicos
• Ensina a seguir regras
• Axuda a relacionarse cos demáis
• Axuda a coordinar  os seus movementos
• Axuda a ingresar na sociedade, facéndolle máis colaborador e menos individual
• Potencia a creación e regularización de hábitos
• Estimula a hixiene e a saúde
• Dormen mellor e son capaces de enfrentarse mellor a os pequenos retos da vida cotidiá



Outra opción seria buscar un conto no que se trate algún dos beneficios ditos anteriormente, e exemplo sería este: http://cuentosparadormir.com/infantiles/cuento/ganar-o-perder no que se fala de que o importante no xogo non e gañar, e trata algún destes beneficios. Tamén este conto pode ser escoitado, en varios idiomas español, inglés norte-americano e o inglés británico.

- Ciclo: 2º ciclo de educación infantil
- Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía personal
- Bloque de contidos: Xogo e movemento 
- Indicadores: Supera o feito de non gañar nos xogos de competición.
• Participa nos xogos cunha postura colaborativa e non dominante nin submisa.
• Acepta as regras dos xogos.
- Fonte de documentación:
 http://www.todopapas.com/ninos/alimentacion-infantil/obesidad-infantil-108
http://cuentosparadormir.com/infantiles/cuento/ganar-o-perder
- Nome e Apelidos: Erea Seoane Villasante

E ti... que pensas?

O deporte é unha actividade que, na actualidade, está deixada de lado. Os nenos xa non adican tempo a xogar nin a correr, pois as consolas, a televisión e outras actividades sendentarias, que non son menos importantes pero que se abusamos da realización das últimas creamos nenos e nenas pouco saudables.
Na aula, os e as profesoras deberían ser os primeiros en motivar aos nenos a que fagan deporte, pero antes de eso deberíamos saber que o que pensan acerca deste tema. Aquí vos presento un traballo chegado desde Bos Aires no que trata deste tema, pregunta a rapaces que pensan do xogo e tamén a profesores e a pais.

Nos poderiamos facer o mesmo na aula pero a menor escala:

  • que debuxen nunha cartolina que o pensan acerca do deporte e do xogo.
  • que traian unha foto de eles xogando ou facendo algún deporte.
  • ou simplemente facer un coloquio na aula para saber o que pensan puidéndoos grabar para logo ensinalo en clases posteriores.
Esta última proposta foi a escollida por unha radio moi coñecida que ademais de facerlle preguntas de actulidade a nenos e nenas, fíxolle esta pregunta sobre a Champions
http://ondemand.cope.ondemand.flumotion.com/cope/ondemand/cadena100/podcast/podcast2/ac_20110504.mp3

Así, sabendo que é o que eles pensan sabemos dende onde temos que partir para explicarlles a eles todo o relacionado con este tema.

Ciclo: 2º ciclo.
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
Bloque de contidos: Xogo e movemento.
Fuentes: el audio:http://www.cadena100.es/podcasts/podcastcole/index.php?id=370, el trabajo:http://www.efdeportes.com/efd92/jugamos.htm

Almudena Vázquez Seara

domingo, 9 de octubre de 2011

DEPORTE PARA NENOS CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

Como xa dixeron anteriormente os meus compañeiros esta semana vamos a tratar o tema do deporte e eu vou a falar concretaente do deporte para nenos con necesidades educativas especiais, xa que na actualidade é moi frecuente ter alunnos con estas características en calquer aula, para elo vamos a definir que se entende por necedidad educativa especial e as clases de necesidades especiais:
considerase que un alunno ten unha necesidade educativa especial cando presenta dificultades mayores que o resto dos seus compañeiros para acceder os aprendizaxes que se determinan no curriculo que lle corresponde por edad e necesita para superalo adaptacios significativas en varias áreas dese curriculo.
As  necesidades educativas especis poden ser temporais ou permanentes ea sua vez poden ser debidas a causas:
  • Físicas
  • Psíquicas
  • Situación socio-familiar
  • outros casos de inadaptación (cultural, lingüística...)

O Deporte para persoas con discapacidad (non para discapacitados) deberá ser adaptado a  disminución que evidencia, según sea esta de índole motora, mental y/o sensorial.  Calquer niño, adolescente, adulto y geronte con algunha/s destas tres grandes disminucios pde practicar deportes, sólo habrá que buscar aquel que corresponda según a patoloxía e grado de afección, así como o gusto e ascualidades.O certificado médico previo É importante Xa que nalgunas patoloXías Odeporte está contraindicado: insuficiencias cardíacas agudas, enfermedades infecciosas no seu período crítico, artritis reumatoidea, etc. O deporte adaptado representa unHa real importancia no desarrollo persoal e social do individuo que o practica. Un de los principales beneficios a ter en conta é aquel de índole psicológico.
O fin do deporte adaptado é insertar e integrar a persoa con discapacidad na sociedad.
A continuación engado un video relacionado con este tema.

CICLO: 1º e 2º de E.I
ÁREA DE COÑECEMENTO: coñeceento de si mesmo e autonomia persoal
BLOQUE DE CONTIDOS: o deporte
INDICACIÓNS: destinado a os docentes.
FONTE DE DOCUMENTACIÓN: youtube e

ESTHER RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ.

sábado, 8 de octubre de 2011

Hábitos saudables a ter en conta no deporte

   A actividade física caracterizase por un gasto da enerxía debido ao movemento corporal. O exercicio físico e o deporte son formas de realizar unha actividade planificada e repetitiva coa intención de manter e mellorar á forma física. Cando a actividade se regula e organiza para competir chamámolo deporte. Estar en boa forma física, significa poder realizar as actividades cotidianas con vigor, sen fatigas innecesarias, permite disfrutar do tempo libre e proporciona unha boa reacción ante situacións inesperadas.

   Ó exercicio é importante para á saúde e a prevención de enfermidades. Hoxe en día sábese que moitas enfermidades están favorecidas por múltiples factores e que á única fórmula para prevelas é neutralizalos.

   Hai evidencias claras de que o exercicio contribúe a diminuír ós factores de resgo e mellora ás aptitudes persoais e de control da saúde. Demostrouse a súa importancia para o control do peso, a diminución do resgo de enfermidades coronarias e de norte súbitas, e estase a estudar a influencia favorable que poida exercer en enfermidades orgánicas como a debates, osteoporoses, hipertensión, alcoholismo, tabaquismo e enfermidades mentais como a depresión, ansiedade, psicoses, retraso mental, etc . …

   Existen recomendacións específicas para realizar unha boa actividade física, e veñen sendo as seguintes:

    • Diariamente, é desexable que os nenos/as e os adolescentes realicen algún tipo de exercicio físico durante al menos 60 minutos.

    • A actividade física será apropiada a súa idade, atendendo ás súas características biolóxicas e psicolóxicas.

    • É necesario establecer propostas de ocio activo de forma que se reduza o tempo dedicado ás actividades sedentarias. Ditas propostas deben abarcar un rango de actividades amplo no que se inclúan deportes e actividades físicas en forma de xogos.

   Buscando en internet encontrei un vídeo no que aconsellan os colexios e os pais e alumnos a levar uns hábitos saudables en canto o deporte e a boa alimentación. No caso deste vídeo falan de estudantes da ESO, pero podíase implantar perfectamente nunha escola infantil.



Ciclo Educación Infantil: 2º ciclo
Aréa de coñecemento: Coñecemnto de si mesmo e autonomía personal.
Bloque de contidos: O coidado persoal.
Criterios de evaluación: Entender ó significado e á importancia de ter uns hábitos saudables no canto de deporte, para manter o corpo en bo estado.
Indicadores:
  • Comprender á importancia e os beneficios da actividade física.
  • Ser capaz de realizares todos os días as activades máis adecuadas a cada un.
  • Tentar implantar nos colexios e garderías un bo plan en canto a actividade física e os deportes.
Fonte de documentación: Internet Expolorer e www.youtube.com
Nome e Apelidos: Daviana Sousa Pérez.

O Deporte e as Tic´s

Nesta semana os membros do grupo decidimos dedicarnos todos ao mesmo tema: o deporte. Eu centrareime no deporte e as novas tecnoloxías e pretendo complementar as entradas dos meus compañeiros.
A miña proposta consiste en realizar unhas sesións na aula coa Wii para practicar deporte dunha maneira lúdica e dinámica. Empregar a Wii na aula é un xeito de achegar aos nenos as novas tecnoloxías, neste caso á consola, dunha forma educativa potenciando o uso da consola para realizar deporte non só para entreterse como se fai na maioría das ocasións.
Este recurso vai dirixido especialmente aos docentes de Infantil para que o leven á práctica nas súas aulas. Consiste en traer unha Wii a aula e os xogos Just Dance Kids, Wii Fit Nickelodeon e Wii Sports. Nos dous primeiros xogos consistiría en bailar: o Fit Nickelodeon emprega personaxes da televisión coñecidos polos cativos, polo que facer exercicio seralle máis divertido ao ver a estes personaxes na pantalla. O Wii Sports é un xogo que inclúe tenis, fútbol, baloncesto e billar. Este último xogo é para nenos de 5 anos mellor, xa que é algo máis complexo que os outros.
Poñeriamos os xogos e a toda a aula diante dun proxector para que visen o que fan os protagonistas e eles terían que bailar do mesmo xeito que os personaxes do videoxogo. No caso do Wii sport pediriamos aos nenos que tivesen mandos de Wii que os trouxesen para ter algúns máis así a clase será máis dinámica e por pequenos grupos iriamos xogando aos diferentes xogos para practicar e saber como se xoga. En todo momento os nenos se estarán movendo e aprendendo diversos deportes dun xeito diferente. Deixo aquí as imaxes das cáratulas dos xogos:




Deste xeito faremos ver que as consolas tamén poden ser un recurso educativo. Penso que é conveniente achegar aos nenos as Tic xa que cada vez empréganse máis na sociedade e deben estar familiarizados con elas.
ÁREA DE COÑECEMENTO: Coñecemento de sí mesmo e autonomía persoal.
BLOQUE DE CONTIDOS: O corpo
CRITERIOS:
- Participar en xogos e actividades colectivas aceptando as normas que os rexen.
INDICADORES:
- Intégrase en xogos de grupo.
- Acepta as regras dos xogos.
- Mantense participando nun mesmo xogo un tempo importante.
FONTE DE DOCUMENTACIÓN: elaboración propia e as imaxes foron extraídas de google imagenes.

Alba Salgueiro Fernández.

viernes, 7 de octubre de 2011

Motivar para facer deporte

Como hai rapaces ós que non lle gusta facer deporte, hai que buscar formas de motivalos, que podían ser:

En primer lugar, hai que falar cos nenos do bo que é facer deporte e dos beneficios que vai traer sobre a súa saúde en anos posteriores.

Non se lles pode presentar o deporte como unha obligación nin coma unha carga, se non que ten que ser algo divertido para eles.

O mellor para que prectiquen deporte, é propoñerlles actividades nas que ademáis de axudarlle a manterse en forma, sexan divertidas para eles. O mellor, é que estas actividades sexan ó aire libre, xa que así pode participar un maior número de nenos/as e pódense facer máis actividades como o xogo da corda ou o pilla-pilla, onde nun espazo cerrado serían máis difíciles de realizar.

Estas actividades teñen que ser apropiadas a edade do neno que vai participar, e téñenlle que propiciar a oportunidade de manterse activos.

Unha forma para que os nenos participen, é que tamé participen os adultos, xa qu os nenos toman a estes como un referente.

En conclusión, a práctica deportiva tenselle que presentar ós nenos como algo divertido, onde poidan xogar e pasalo ben cos seus compañeiros.

José Delfín Rodríguez Riveiro

Ciclo: 1º e 2º ciclo.
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
Bloque de contidos:O coidado persoal.
Criterios:Coordinar e controlar o seu corpo, as súas posibilidades motrices e adaptalo ás características dos obxectos, á acción e á vida cotiá.
Indicadores:Controla o corpo en movemento, adaptando a
resposta motriz ás dimensións e elementos do espazo.