Mergúllate na saúde trátase dun blog creado para usarse como recurso de hixiene e saúde. Nel haberá actividades, noticias, vídeos... todos eles relacionados coa Educación Infantil. Esperamos que vos guste.
Trátase dun power point para expor a profesores dun colexio. Nel damos unha pequena información complementada cunha notica. Ademais, para facelo máis dinámico, ao final de cada apartado hai unha actividade para facer cos docentes e aplicable aos nenos de infantil para que se poida utilizar como recurso.
Fuentes:
O noso vídeo grupal trata dun aula simbolizada con bonecos de peluche recoñecidos por tódolos rapaces. Este aula trata de por entre todos as normas de hixiene que deberán de cumplir ao longo do curso. É unha actividade sinxela que podemos facer nunha das horas de titorías que ensinaran aos nenos a responsabilizarse das normas e ademais participar na elaboración das mesmas.
Ciclo: 2ºciclo de Educación infantil
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal
Bloque de contenidos: O coidado persoal
Criterios de avaliación: manifestar hábitos de hixiene corporal e benestar empregando adecuadamente os espazos e materiais
Autores:
Delfín Riveiro
Esther Rodríguez
Alba Salgueiro
Erea Seoane
Daviana Sousa
Almudena Vázquez
Fuentes: elaboración grupal con materiais dos distintos miembros do grupo
Trátase dun glogster que se pode imprimir e ter na aula para que os nenos vexan tódolos días a contaminación que hai na cidade de Ourense.
Para complementar este glogster pódeselle pedir aos nenos que fagan fotos na rúa ou nos lugares habituais que frecuencia signos de contaminación, así podemos facer outro glogster coas súas fotos.
CICLO: 1º e 2º de educación infantil.
Área de coñecemento: A natureza
Bloque de contidos: A natureza e a importancia de coidala e mantela limpia por que nos aporata múltiples beneficios.
Fonte: imaxes de google, elaboración propia
Almudena Vázquez Seara
Con este gloster pretendo mostrar como está a naturaza,por un lado imaxes de bosques contaminados, e por outro imaxes de rios e mares contaminados, con el pretendo concienciar de que non podemos ter asi o noso medio ambiente, xa que estas imaxes son moi frecuentes en moitos lugares do noso planeta, e isto non se pode permitir, debemos ensinar os nenos que hai que coidalo, e nn deixar que se poña así a nosa natureza.
CICLO: 1º e 2º de educación infantil.
Área de coñecemento: A natureza
Bloque de contidos: A natureza e a importancia de coidala e mantela limpia por que nos aporata múltiples beneficios.
Elaboración propia con imaxes de google.
Erea Seoane Villsante
Ciclo: 2º
Bloque de contidos:Achegamento á natureza.
Área:Coñecemento do contorno.
Criterios de avaliación:Despertar o interese polo medio natural e os bosques.
Indicadores específicos: Ser respetuoso/a co medio ambiente.
Autor: José Delfín Rodríguez Riveiro.
Con este gloster pretendo mostrar as duas imaxes que se pode dar na naturaza,por un lado as imaxes dunha paisaxe limpa e ben coidada e por outro as imaxe dunha natureza abandoada e descoidada, como é algo de todos creo que está nas nosas mans o coidala.
CICLO: 1º e 2º de educación infantil.
Área de coñecemento: A natureza
Bloque de contidos: A natureza e a importancia de coidala e mantela limpia por que nos aporata múltiples beneficios.
Elaboración propia con imaxes de google.
ESTHER RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ
CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Despertar o interése polo medio natural e os bosques. Identificar as normas e consellos necesarios para coidar os bosques.
INDICADORES ESPECÍFICOS: Ser respetuoso/a co medio ambiente e saber que normas existen para preveer os incendios nos bosques. Facelos sensibles ante os incendios e desgracias da natureza.
AUTOR: Daviana Sousa Pérez.
ELABORACIÓN: Videos de YouTube, imaxes de google e elaboración propia a través do programa GlogsterEDU.
Con este Gloster pretendo facer un mural sobre a reciclaxe, nel inclúo fotos de murais feitos por cativos e os principais contenedores empregados na reciclaxe para que os nenos os recoñezan e saiban para que se emprega cada un deles.
Dende o meu punto de vista é moi importante inculcarlle a reciclaxe dende as primeiras idades xa que é un bo exemplo para mellorar a saúde medioambiental. Reciclando axudamos a ter un mundo máis limpo.
CICLO: 2º ciclo de Educación Infantil
BLOQUE DE CONTIDOS: Achegamento á natureza.
ÁREA: Coñecemento do contorno
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:Dar mostras de interesarse polo medio natural e os seus cambios. Identificar e nomear algúns dos seus compoñentes,establecendo relacións sinxelas de interdependencia. Manifestar actitudes de coidado e respecto cara á natureza e participar en actividades para conservala.
INDICADORES ESPECÍFICOS: É respetuoso/-a co medio no que vive. Amósase sensible cara á conservación e mantemento de ambientes limpos e non contaminados. Adopta actitudes críticas ante prácticas que entorpecen a conservación e o coidado do medio (vertido de ríos, corta de árbores...)
AUTOR: Alba Salgueiro Fernández
ELABORACIÓN: imaxes de google, e elaboración propia.
Neste vídeo resúmese brevemente os 5 primeiros pasos, máis recomendables a seguir, para evitar que o seu fillo/a colla a gripe. Espero que sexa de axuda. Un saúdo.
CICLO: 1º ou 2º ciclo de Educación Infantil
ÁREA DE COÑECEMENTO:Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
Na miña entrada desta semana toca explicar cun pequeno vídeo que é un centro de saúde. Obxectivo é que eles o coñezan e saiban que é un centro no que nos poden curar e así perderllelo medo.
CICLO: 1º ou 2º ciclo de Educación Infantil
ÁREA DE COÑECEMENTO:Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
BLOQUE DE CONTIDOS: o coidado persoal e a saúde.
FONTE DE DOCUMENTACIÓN: Elaboración propia, Imaxes de google.
Neste post subo un vídeo elaborado por min no cal se fala da varicela.
CICLO: 2º ciclo de Educación Infantil
ÁREA DE COÑECEMENTO:Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
BLOQUE DE CONTIDOS: o coidado persoal e a saúde.
INDICADORES:Manifestar hábitos de saúde, alimentación, hixiene corporal e benestar utilizando adecuadamente os espazos e materiais.
FONTE DE DOCUMENTACIÓN: Elaboración propia, Imaxes de google.
NOME E APELIDOS: Alba Salgueiro Fernández
Neste post, inclúo un video, de que é estar enfermo, e o que pensan os nenos de que é para eles estar enfermos, e porque lle gusta estar así.
- Ciclo educación infantil: 2ºciclo.
- Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía personal.
- Bloque de contidos: Coidado persoal.
- Criterios de evaluación: Manifestar hábitos de saúde, alimentación, hixiene corporal e benestar utilizando adecuadamente espazos e materiais.
- Elaboracion propia.
-Subido por: Erea Seoane Villasante
Este é un video no que se intentan reflexar aqueles accidentes domésticos mais frecuentes nos nenos en idade infantíl, con el intento reflexar que o afan dos nenos por dscubrir cousas novas e explorar o mundo que os rodea pode levalos a sufrir diferentes tipos de accidentes, polo cal o mellor e intentar previlos xa que con eles nunca se sabe onde pode estar o perigo.
Ciclo:educación infantíl primeiro e segundo ciclo.
Área de coñecemento: coñecemento de si mesmo e autonomia persoal
Bloque de contidos:accidentes frecuentes en nenos de infantíl.
Fonte de documentación: Elaboración persoal.
Esther Rodríguez Fernández.
Nesta entrada tratarei, dentro do tema de deporte, como explicarlle aos nenos de educación infantil, os beneficios que se poden obter ao facer deporte.
Isto podriase facer a través dun conto, con persoaxes cos que os nenos estén familiarizados, así entenderán moito mellor o que lle queremos transmitir con este conto, cada mestre podería inventalo, e nel trataríanse os distintos beneficios do deporte os cales son: • Fortalece os músculos e os osos. • Prevén a obesidade • Prevén o risco de enfermidades tales como a diabetes • Pode correxir posibles defectos físicos • Ensina a seguir regras • Axuda a relacionarse cos demáis • Axuda a coordinar os seus movementos • Axuda a ingresar na sociedade, facéndolle máis colaborador e menos individual • Potencia a creación e regularización de hábitos • Estimula a hixiene e a saúde • Dormen mellor e son capaces de enfrentarse mellor a os pequenos retos da vida cotidiá
Outra opción seria buscar un conto no que se trate algún dos beneficios ditos anteriormente, e exemplo sería este: http://cuentosparadormir.com/infantiles/cuento/ganar-o-perder no que se fala de que o importante no xogo non e gañar, e trata algún destes beneficios. Tamén este conto pode ser escoitado, en varios idiomas español, inglés norte-americano e o inglés británico.
O deporte é unha actividade que, na actualidade, está deixada de lado. Os nenos xa non adican tempo a xogar nin a correr, pois as consolas, a televisión e outras actividades sendentarias, que non son menos importantes pero que se abusamos da realización das últimas creamos nenos e nenas pouco saudables.
Na aula, os e as profesoras deberían ser os primeiros en motivar aos nenos a que fagan deporte, pero antes de eso deberíamos saber que o que pensan acerca deste tema. Aquí vos presento un traballo chegado desde Bos Aires no que trata deste tema, pregunta a rapaces que pensan do xogo e tamén a profesores e a pais.
Como xa dixeron anteriormente os meus compañeiros esta semana vamos a tratar o tema do deporte e eu vou a falar concretaente do deporte para nenos con necesidades educativas especiais, xa que na actualidade é moi frecuente ter alunnos con estas características en calquer aula, para elo vamos a definir que se entende por necedidad educativa especial e as clases de necesidades especiais:
considerase que un alunno ten unha necesidade educativa especial cando presenta dificultades mayores que o resto dos seus compañeiros para acceder os aprendizaxes que se determinan no curriculo que lle corresponde por edad e necesita para superalo adaptacios significativas en varias áreas dese curriculo.
As necesidades educativas especis poden ser temporais ou permanentes ea sua vez poden ser debidas a causas:
Físicas
Psíquicas
Situación socio-familiar
outros casos de inadaptación (cultural, lingüística...)
O Deporte para persoas con discapacidad (non para discapacitados) deberá ser adaptado a disminución que evidencia, según sea esta de índole motora, mental y/o sensorial. Calquer niño, adolescente, adulto y geronte con algunha/s destas tres grandes disminucios pde practicar deportes, sólo habrá que buscar aquel que corresponda según a patoloxía e grado de afección, así como o gusto e ascualidades.O certificado médico previo É importante Xa que nalgunas patoloXías Odeporte está contraindicado: insuficiencias cardíacas agudas, enfermedades infecciosas no seu período crítico, artritis reumatoidea, etc. O deporte adaptado representa unHa real importancia no desarrollo persoal e social do individuo que o practica. Un de los principales beneficios a ter en conta é aquel de índole psicológico.
O fin do deporte adaptado é insertar e integrar a persoa con discapacidad na sociedad.
A continuación engado un video relacionado con este tema.
CICLO: 1º e 2º de E.I
ÁREA DE COÑECEMENTO: coñeceento de si mesmo e autonomia persoal
BLOQUE DE CONTIDOS: o deporte
INDICACIÓNS: destinado a os docentes.
FONTE DE DOCUMENTACIÓN: youtube e
A actividade física caracterizase por un gasto da enerxía debido ao movemento corporal. O exercicio físico e o deporte son formas de realizar unha actividade planificada e repetitiva coa intención de manter e mellorar á forma física. Cando a actividade se regula e organiza para competir chamámolo deporte. Estar en boa forma física, significa poder realizar as actividades cotidianas con vigor, sen fatigas innecesarias, permite disfrutar do tempo libre e proporciona unha boa reacción ante situacións inesperadas.
Ó exercicio é importante para á saúde e a prevención de enfermidades. Hoxe en día sábese que moitas enfermidades están favorecidas por múltiples factores e que á única fórmula para prevelas é neutralizalos.
Hai evidencias claras de que o exercicio contribúe a diminuír ós factores de resgo e mellora ás aptitudes persoais e de control da saúde. Demostrouse a súa importancia para o control do peso, a diminución do resgo de enfermidades coronarias e de norte súbitas, e estase a estudar a influencia favorable que poida exercer en enfermidades orgánicas como a debates, osteoporoses, hipertensión, alcoholismo, tabaquismo e enfermidades mentais como a depresión, ansiedade, psicoses, retraso mental, etc . …
Existen recomendacións específicas para realizar unha boa actividade física, e veñen sendo as seguintes:
• Diariamente, é desexable que os nenos/as e os adolescentes realicen algún tipo de exercicio físico durante al menos 60 minutos.
• A actividade física será apropiada a súa idade, atendendo ás súas características biolóxicas e psicolóxicas.
• É necesario establecer propostas de ocio activo de forma que se reduza o tempo dedicado ás actividades sedentarias. Ditas propostas deben abarcar un rango de actividades amplo no que se inclúan deportes e actividades físicas en forma de xogos.
Buscando en internet encontrei un vídeo no que aconsellan os colexios e os pais e alumnos a levar uns hábitos saudables en canto o deporte e a boa alimentación. No caso deste vídeo falan de estudantes da ESO, pero podíase implantar perfectamente nunha escola infantil.
Ciclo Educación Infantil: 2º ciclo
Aréa de coñecemento: Coñecemnto de si mesmo e autonomía personal.
Bloque de contidos: O coidado persoal.
Criterios de evaluación: Entender ó significado e á importancia de ter uns hábitos saudables no canto de deporte, para manter o corpo en bo estado.
Indicadores:
• Comprender á importancia e os beneficios da actividade física.
• Ser capaz de realizares todos os días as activades máis adecuadas a cada un.
• Tentar implantar nos colexios e garderías un bo plan en canto a actividade física e os deportes.
Fonte de documentación: Internet Expolorer e www.youtube.com
Nesta semana os membros do grupo decidimos dedicarnos todos ao mesmo tema: o deporte. Eu centrareime no deporte e as novas tecnoloxías e pretendo complementar as entradas dos meus compañeiros.
A miña proposta consiste en realizar unhas sesións na aula coa Wii para practicar deporte dunha maneira lúdica e dinámica. Empregar a Wii na aula é un xeito de achegar aos nenos as novas tecnoloxías, neste caso á consola, dunha forma educativa potenciando o uso da consola para realizar deporte non só para entreterse como se fai na maioría das ocasións.
Este recurso vai dirixido especialmente aos docentes de Infantil para que o leven á práctica nas súas aulas. Consiste en traer unha Wii a aula e os xogos Just Dance Kids, Wii Fit Nickelodeon e Wii Sports. Nos dous primeiros xogos consistiría en bailar: o Fit Nickelodeon emprega personaxes da televisión coñecidos polos cativos, polo que facer exercicio seralle máis divertido ao ver a estes personaxes na pantalla. O Wii Sports é un xogo que inclúe tenis, fútbol, baloncesto e billar. Este último xogo é para nenos de 5 anos mellor, xa que é algo máis complexo que os outros.
Poñeriamos os xogos e a toda a aula diante dun proxector para que visen o que fan os protagonistas e eles terían que bailar do mesmo xeito que os personaxes do videoxogo. No caso do Wii sport pediriamos aos nenos que tivesen mandos de Wii que os trouxesen para ter algúns máis así a clase será máis dinámica e por pequenos grupos iriamos xogando aos diferentes xogos para practicar e saber como se xoga. En todo momento os nenos se estarán movendo e aprendendo diversos deportes dun xeito diferente. Deixo aquí as imaxes das cáratulas dos xogos:
Deste xeito faremos ver que as consolas tamén poden ser un recurso educativo. Penso que é conveniente achegar aos nenos as Tic xa que cada vez empréganse máis na sociedade e deben estar familiarizados con elas.
ÁREA DE COÑECEMENTO: Coñecemento de sí mesmo e autonomía persoal.
BLOQUE DE CONTIDOS: O corpo
CRITERIOS:
- Participar en xogos e actividades colectivas aceptando as normas que os rexen.
INDICADORES:
- Intégrase en xogos de grupo.
- Acepta as regras dos xogos.
- Mantense participando nun mesmo xogo un tempo importante.
FONTE DE DOCUMENTACIÓN: elaboración propia e as imaxes foron extraídas de google imagenes.
Como hai rapaces ós que non lle gusta facer deporte, hai que buscar formas de motivalos, que podían ser:
En primer lugar, hai que falar cos nenos do bo que é facer deporte e dos beneficios que vai traer sobre a súa saúde en anos posteriores.
Non se lles pode presentar o deporte como unha obligación nin coma unha carga, se non que ten que ser algo divertido para eles.
O mellor para que prectiquen deporte, é propoñerlles actividades nas que ademáis de axudarlle a manterse en forma, sexan divertidas para eles. O mellor, é que estas actividades sexan ó aire libre, xa que así pode participar un maior número de nenos/as e pódense facer máis actividades como o xogo da corda ou o pilla-pilla, onde nun espazo cerrado serían máis difíciles de realizar.
Estas actividades teñen que ser apropiadas a edade do neno que vai participar, e téñenlle que propiciar a oportunidade de manterse activos.
Unha forma para que os nenos participen, é que tamé participen os adultos, xa qu os nenos toman a estes como un referente.
En conclusión, a práctica deportiva tenselle que presentar ós nenos como algo divertido, onde poidan xogar e pasalo ben cos seus compañeiros.
José Delfín Rodríguez Riveiro
Ciclo: 1º e 2º ciclo.
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
Bloque de contidos:O coidado persoal.
Criterios:Coordinar e controlar o seu corpo, as súas posibilidades motrices e adaptalo ás características dos obxectos, á acción e á vida cotiá.
Indicadores:Controla o corpo en movemento, adaptando a
resposta motriz ás dimensións e elementos do espazo.
Sen dúbida, unha das formas para que os nenos estén sanos é inculcarlle hábitos saudables que eles mesmos poden aplicar autonomamente. O video que aparece a continiuación é unha mera aplicación do anterior. O video está dedicado especialmente ás enfermidades respiratorias que afectan a algúns nenos e nenas.
Estes hábitos están explicados dunha maneira sinxela e chamativa para captar unha maior atención no neno.
CICLO: 2º ciclo de Educación Infantil
ÁREA DE COÑECEMENTO: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
BLOQUE DE CONTIDOS: O coidado persoal.
CRITERIOS: Manifestar hábitos de saúde, alimentación, hixiene corporal e benestar utilizando adecuadamente espazos e materiais,Identificar situacións de risco e actuar coherentemente ante elas.
INDICADORES: Coida e asea as diferentes partes do corpo con axuda dunha persoa adulta, desprázase de forma autónoma, advertindo os perigos e amosando actitudes prudentes, recoñece as necesidades básicas do corpo, identifica situacións perigosas e evítaas
FONTE DE DOCUMENTACIÓN: o vídeo foi extraído de youtube.
Esta é a miña primeira entrada no blog e para estrealo decidín publicar un vídeo sobre a hixiene bucodental. É moi importante concienciar aos máis pequenos a importancia que ten cepillar os dentes e non abusar dos azucres xa que son prexudiciais para a nosa saúde. Nel pódese ver a un gracioso coello explicar porqué é importante ter os dentes limpos e como se debe facer para sacar o maior partido posible ao cepillado dos mesmos. Penso que é un bo recurso para mostrar aos nenos, xa que está animado mediante debuxos. Deste xeito será máis entretido e captará a atención dos cativos con máis facilidade.
CICLO: 2º ciclo de Educación Infantil
ÁREA DE COÑECEMENTO: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
BLOQUE DE CONTIDOS: O coidado persoal.
CRITERIOS: Manifestar hábitos de saúde, alimentación, hixiene corporal e benestar utilizando adecuadamente espazos e materiais.
INDICADORES: Coida e asea as diferentes partes do corpo con axuda dunha persoa adulta, coida e asea as diferentes partes do corpo baixo a supervisión dunha persoa adulta, identifica as necesidades dos hábitos de hixiene diario, emprega axeitadamente o lavabo.
FONTE DE DOCUMENTACIÓN: o vídeo foi extraído de youtube, e o texto elaborado por min.
Con este video, podemos ensinarlle aos nenos, porque é tan importante estar limpos a hora de facer algo, por exemplo a hora de comer, como lle ocurre neste video a hello kitty.
Ciclo Educación Infantil: 2º ciclo Aréa de coñecemento: Coñecemnto de si mesmo e autonomía personal
Bloque de contidos: O coidado persoal Criterios de evaluación: Manifestar hábitos de saúde, alimentación,hixiene corporal e benestar utilizando adecuadamente espazos e materiais. Indicadores:
• Identifica as necesidades dos hábitos de hixiene
diario.
• É autónomo/a no coidado de si mesmo/a.
• Aséase cando se sente sucio/a.
• Emprega axeitadamente o lavabo.
• Usa axeitadamente o xabón.
• Mostra desgusto ou malestar cando está sucio/a
ou desaliñado/a.
• Ten interese por manter una aspecto limpo e
aseado/a.
Fonte de documentación: www.youtube.com
Nome e Apelidos: Erea Seoane Villasante
A miña proposta consiste na elaboración de unha pequena unidade didáctica que tería a duración de unha semana e consistiría en que a través dun xogo os nenos aprendan a importancia de ter unha hixiene adecuada.
O Nome da proposta e: Hixiene; aprender xogando.
A unidade dividiremola en dous bloques; a hixiene corporal e por outro lado a hixiene bucal dedicandolle a cada unha delas duas sesións.
Na primeira das sesións preguntaremoslle os nenos por que pensan que a hixiene é importante e que métodos de higiene que utilizan eles e a segunda das sesións será o docente o que lle explique a importancia dunha hixiene adecuada e de diferentes métodos para que nos resulte como un xogo divertido.
Ciclo: 2ºciclo de Educación infantil
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal
Bloque de contenidos: O coidado persoal
Criterios de avaliación: manifestar hábitos de hixiene corporal e benestar empregando adecuadamente os espazos e materiais Indicadores:
• Identifica as necesidades dos hábitos de hixiene
diario.
• Aséase cando se sente sucio/a.
• Usa axeitadamente o xabón.
• Mostra desgusto ou malestar cando está sucio/a
ou desaliñado/a.
• Ten interese por manter una aspecto limpo e
aseado/a.
Fonte de documentación: elaboración personal
Nome e apelidos: Esther Rodríguez Fernández
Facer unha demostración (cunha boneca) e discusión do procedemento de como bañarse, por exemplo, en que orde debemos lavar as partes do corpo e practicar os nomes das partes do corpo ao mesmo tempo. O cabelo, a cara, detrás das orellas, o pescozo, os ombreiros, a espalda, brazos e debaixo dos brazos, as pernas, os pés, o traseiro e as áreas xenitais empregando os nomes correctos para eles.
Se é posible pódese facer unha demostración cunha boneca, un envase con auga (ou o fregadeiro na cociña), una toalla de baño e xabón. Os nenos poden practicar estes pasos bañando á boneca.
Ciclo de infantil: 2º
Área de coñecemento: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
Bloque de contidos: O coidado persoal.
Criterio de evaluación: Manifestar hábitos de saúde, alimentación, hixiene corporal e benestar utilizando adecuadamente espazos e materiais. Indicadores:Coida e asea as diferentes partes do corpo con axuda dunha persoa adulta.